Incorpora Galicia facilitou 3300 postos de traballo nos seus dez anos de vida e celébrao na súa entrega de premios

Incorpora Galicia facilitou 3300 postos de traballo nos seus dez anos de vida e celébrao na súa entrega de premios

Os gañadores recollendo os seus premios

O programa Incorpora Galicia fai balance dos seus dez anos de traxectoria e das 3366 persoas en situación ou risco de exclusión que lograron un traballo na comunidade. Para facer posible estas insercións, traballaron conxuntamente 8 entidades, 22 técnicos de inserción e 1452 empresas que deron unha oportunidade a aqueles que teñen maiores dificultades para acceder a un emprego.

Os datos fixéronse públicos o pasado 2 de marzo no salón de convencións da Cidade da Cultura de Galicia, onde tamén se fixo entrega dos premios que recoñecen o labor de empresas e outros colaboradores desde o ano 2006.

Ao evento, que foi conducido polo xornalista Gabi Davila, acudiron o conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, José Manuel Rey; o director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou, e o director corporativo da Área Social da Fundación Bancaria ”la Caixa”, Marc Simón.

Ademais, interviñeron no acto algunhas das empresas, traballadores e técnicos de inserción de entidades, así como o coordinador do programa Incorpora Galicia, Carlos Rosón, para ofrecer unha visión global do traballo diario que supón dar resposta ás necesidades de empresarios e usuarios do programa.

Un logro conxunto

Como cada ano, o programa Incorpora recoñeceu o traballo das empresas e outros colaboradores que fixeron posible os bos resultados deste proxecto de inserción laboral. Nesta ocasión os premiados foron:

  • Empresa decana vinculada ao programa Incorpora: Limanfer, S.L. (Ferrol, A Coruña)
  • Empresa que destacou polo seu alto nivel de insercións ao longo destes dez anos: Frutas Mavaz Distribuciones, S.L.U. (Ourense)
  • Empresa implicada especialmente na mellora da empregabilidade das persoas usuarias do programa Incorpora: Caffé Arábica Ourense, S.L.U.
  • Emprendedor Incorpora (Autoemprego Incorpora): Alberto Millos Mosquera de Handball 7M 
  • Recoñecemento especial (persoa ou organización que colaborou especialmente co programa Incorpora): AELPO (Asociación Provincial de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de Pontevedra)

Medrando ano a ano

En 2016 o programa Incorpora Galicia mantivo os bos resultados e conseguiu facilitar a contratación de 695 persoas de colectivos vulnerables. 

Compartir:

linkedin