O programa Reincorpora inclúe a modalidade EPYCO en Galicia
Actualidad
Conoce las últimas noticias de Incorpora en tu territorio y la información más relevante de cada comunidad.
O programa Reincorpora inclúe a modalidade EPYCO en Galicia
O programa Reincorpora amplía a súa acción na Coruña coa modalidade EPYCO, aproveitando a posta en marcha da segunda fase de desenvolvemento.
EPYCO é unha modalidade do programa Reincorpora que centra a súa actuación no adestramento persoal e competencial das persoas privadas de liberdade para conseguir a súa inclusión a nivel social e profesional.
Para lograr este obxectivo, o programa desenvolve unha metodoloxía que se basea en itinerarios personalizados de reinserción sociolaboral nos cales se traballan aqueles aspectos que as persoas necesitan fortalecer a través de accións como sesións de coaching individual e colectivo.
EPYCO está impulsado por ”la Caixa” e Traballo Penal e Formación para o Emprego, coa colaboración de Acción Contra el Hambre e o Fondo Social Europeo.
EPYCO, un modelo de reinserción laboral baseado no coaching
Actualmente, EPYCO atópase na súa segunda fase de implantación territorial. En Galicia estase implantando nalgúns centros penais e centros de inserción laboral, en concreto no Centro Penal de Teixeiro e o CIS Carmela Arias y Díaz de Rábago da Coruña.
A modalidade EPYCO é innovadora no método. Durante a primeira fase formouse un equipo de alto desempeño multidisciplinar, con diferentes profesionais dos centros e de Reincorpora. A través de reunións semanais de 5 horas, que inclúen sesións e dinámicas eminentemente grupais, logrouse formar diferentes equipos profesionais que encaixan cos obxectivos que persegue o programa.
Os próximos pasos que se tomarán irán encamiñados a adaptar por completo a metodoloxía EPYCO a todos os procesos e, posteriormente, comezarán os primeiros itinerarios de reinserción laboral cos participantes.
Os profesionais de Reincorpora: claves para o desenvolvemento da modalidade EPYCO
Nesta nova modalidade do programa Reincopora é, como ata agora, fundamental a participación dos profesionais de Reincorpora. Estes profesionais da reinserción son esenciais nos equipos multidisciplinares EPYCO polos seus coñecementos e experiencia en cuestións de reinserción e emprego. Ana Suárez e Rosaura Romo son as profesionais de Reincorpora da Fundación Érguete Integración que participan nos equipos de alto desempeño da modalidade EPYCO no Centro Penal de Teixeiro e o CIS da Coruña, respectivamente.
O programa Reincorpora naceu no 2011 co obxectivo de axudar as persoas privadas de liberdade no seu proceso de reinserción sociolaboral. No 2018, Reincorpora logrou que 1209 persoas fosen contratadas, das cales 51 atoparon un emprego en Galicia.


