Un ano de logros acadados pola inserción laboral no Grupo Incorpora Galicia
Actualidad
Conoce las últimas noticias de Incorpora en tu territorio y la información más relevante de cada comunidad.
Un ano de logros acadados pola inserción laboral no Grupo Incorpora Galicia
Alumnos dos Puntos de Formación Incorpora do Grupo Incorpora Galicia no acto de clausura cos seus diplomas
Mediante un acto de clausura, o Grupo Incorpora Galicia celebrou a finalización de diversos cursos impulsados desde os seus Puntos de Formación Incorpora (PFI) e xestionados polas súas entidades colaboradoras.
Ao evento non faltaron representantes destas entidades, un dos coordinadores do Grupo, responsables de empresas colaboradoras e do programa Incorpora, e os propios alumnos das accións formativas.
Durante a cerimonia de peche fíxoselles entrega aos usuarios dos PFI de diplomas que acreditan a súa participación no curso, ademais de celebrar as boas cifras acadadas durante o 2018 no que respecta á inserción laboral dos máis vulnerables.
Un evento que celebra os logros da inserción laboral
O lugar escollido para o acto de peche dos cursos promovidos polos PFI do Grupo Incorpora Galicia foi a sede da Fundación Érguete-Integración, entidade colaboradora do programa Incorpora no territorio.
O evento, que estivo presidido por Carmen Avendaño Otero, presidenta da fundación Érguete-Integración; Carlos Rosón Varela, director de IGAXES, entidade coordinadora do Grupo Incorpora Galicia; Anxo Pérez Romariz, responsable de comunicación en Galicia de Caixabank; e Teresa Delgado Pérez, subdirectora do centro penal A Lama, congregou a docentes e alumnado dos PFI, persoal técnico da Fundación Érguete-Integración e representantes de empresas colaboradoras.
Un dos momentos máis destacados da xornada foi cando se entregaron os diplomas dos últimos cursos impulsados polos PFI, que nesta ocasión foron: Curso de Operacións de Almacenaxe e Reposición, Operacións de Limpeza en Establecementos Hoteleiros, Auxiliar de Industrias Procesadoras de Produtos da Pesca e Auxiliar de Comercio.
As cifras que deixaron estes cursos foron máis que positivas: dos 80 participantes que se formaron nalgún deles, máis da metade acadou a inserción laboral, moitos deles en empresas colaboradoras do programa.
Todos estes cursos tiveron unha duración de 300 horas, ao longo das cales os alumnos adquiriron coñecementos técnicos e prácticos á vez que desenvolveron as súas competencias transversais, facultades esenciais en calquera proceso de integración laboral, especialmente cando se trata de colectivos e persoas en risco de exclusión social.
As empresas colaboradoras do programa Incorpora, un exemplo de responsabilidade social corporativa
Nestas accións formativas desempeñaron un papel fundamental as empresas colaboradoras e contratantes que, xunto cos técnicos Incorpora, se encargaron do deseño e a impartición da formación teórica, e da mediación da formación práctica, a comunicación de ofertas de emprego e a facilitación da integración ao mundo laboral destes colectivos vulnerables incorporándoos ao seu equipo. Estas compañías foron: Hotel Axis, Hotel Ciudad de Vigo, ANFACO-CECOPESCA e Asociación de Empresarios A Pasaxe.
Sumadas a estas, o Grupo Incorpora Galicia destaca aquelas empresas que, ademais de participar nestas accións, asinaron convenios de colaboración co programa Incorpora durante o 2018: Alcampo, S. A., Dachser Spain, S. A., Decathlon España, S.L.U., DISBEGAL, S. A., ESYPRO Manutención, S. L., Freshcut, S. L., Frigoríficos de Galicia, S. A., Frutas Nieves, S. L., Novelec Rías Baixas, S. L., Seur Geopost, S. L., Torres y Sáez Distribución, S. A., Toys “R” Us, S. A., AC Hotel by Marriott palacio Universal, Especialistas en trabajo temporal ETT, S. A., Hostal Buenos Aires, Hotelera Pontevedresa, S. L., Hotelera del Noroeste, S. A., Vigocentro, S. L., Construcciones AIS, S. L., Hotel Tryp Los Galeones, Inversiones Mar 2000, S. L., Conservas Cerqueira, S. A., López Novoa, S. L., Pereira Productos del Mar, S. A., Puerta Costas, S. A., C&A Modas, S. L. U, CUVIPAPER, S. L., Casa Piocheur Spain, S. A., Décimas, S. L., Suministros Punto Fijo, S. L., Tendam Retail, S. A., Tiendas Baffin Bay, S. L. U., Puntalakashmi, S. L.
Sen dúbida, as accións de responsabilidade social corporativa realizadas por estas empresas a prol da integración sociolaboral poñen de relevo o seu compromiso social con quen máis o necesitan.
En total, foron 414 as empresas galegas contratantes que durante o 2018 colaboraron co Grupo Incorpora Galicia e facilitaron un total de 861 insercións.


